We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Inflamable

by Samuel L. París

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Montelouro 03:07
Até que Montelouro teña, finalmente, un pezón en condicións e até que atinen a nos dicir porque é que somos a xeración mellor preparada da historia. E agardan que creamos na política como eles confiaban en deus. Até que Montelouro sexa un verdadeiro peito e a nosa matria nos aperte as dedas dos pés e os pequenos volvan a xogar coas xogas. Decrecer entredentro de nós sen as miradas, sen o coche no taller, sen domiciliar as facturas da luz (xallas). Non sabemos que hora é no paraíso, mais pillamos medio pollo para esta noite. Esta noite si. Até que Montelouro se erixa na mama dos que rexeitaron xuntar as mans no día de xuntar as mans. Café para espertar. Pastillas para durmir. Espertador. Sesta. Durmir. Cama nova do trinque. Colchón de látex con condón de látex rachado. Pastillas para non ser a nai que algún día che dixeron que tiñas que ser. Non traiamos máis xente o mundo. Jesús Gil e Jim Morrison estiveron aquí, mais agora calquera de nós podería cuspir sobre eles. Non hai opción. Até que Montelouro desapareza na primavera tal e como desaparecen sempre as boas historias. Somos monógamos, somos promiscuos, temos un corazón que non nos colle no peito, non temos cor, non temos nación á que agardar se a choiva nos colle descalzos na mañá. Somos todo o que non lembraremos dunha fotografía. As cores todas coas formas todas. Até que Montelouro nos vomite (oxalá!) enriba a primavera que tramaron as luras e as caramuxas en rigorosa reunión sindical. Venderiamos o mar a calquera por medio pollo para esta noite. Esta noite tamén. E nós somos o mar. Non temos prezo, manda carallo. Até que Montelouro pille connosco e até que os funcionarios se pinten os ollos de amarelo e finxan ser toxiños. Non hai cemento que poida deter a primavera. Non hai cemento suficiente no universo, nin na falta de coherencia, para deter a primavera. Esta primavera non. Até que Montelouro se abandone á sorte do mar e sexa a muller que queira ser. Que non sexa nai, que non sexa golpeada, que non teña nada que aturar. Que sexa o orgullo das mulleres todas, concentrado e viaxante no mar inmenso. Que Montelouro recoñeza que abonda xa de tanta terra que non presta. Que teña salitre no bico da cona como a insubordinación última de quen se sabe dona dunha aperta atlántica. Até que todo isto sexa. Até que a primavera se rache no mar e o argazo saiba a empanada de rinchóns ou a chocolate. Até que Montelouro nos mire coa mesma cara de papahostias coa que nós o miramos cando xa imos entrando en Esteiro. Até que todo isto sexa, xusto até entón, continuaremos a manternos lonxe de deus e disturbados. Continuaremos esvarando. Tiñas plans? Agárrate.
2.
Poeta 00:23
agora son un poeta agora non o son agora son un poeta agora non o son agora compro un iphone
3.
Muller 01:44
muller ti falábasme de palabras como ALARIDO e CHILLIDO e eu dicía YEAH non era por ser de menos que eu non che facía de menos non tiñas para CHINELAS novas novas do trinque AQUÍ hai oitocentas panteras metidas nun bote de mostaza EU quería quererte querer e tiña un taboleiro de CORTIZA debaixo das pelotas e fun á perrucaría e ti falábasme de palabras como BARULLO e ALARMA e eu claro non embutía tanta sonoridade no meu templo e tiña cinco romaneses recebando o altar mentres ABRAMOVICH calcetaba axóuxeres e ti viñas da cidade da cultura coas bragas polos nocellos e eu comentábao nas diferentes redes asociais nas que me deixabas andar e anda e anda e acabei entendendo por que ti me falabas de palabras como CRIME e XUSTIFICACIÓN e non sabías que tiñas que acentuar para seres feliz e VIVÍAS noutro lado e erguíaste como se erguen os pobos extraterrestres e non tiñas para unha HUSQVARNA e mercaches a desbrosadora no MERCADONA e agora penso que te fuches e ai cando penso que te fuches fago FURADOS no pladur só con tres dioptrías e teño redobres de bombo agardando nos centímetros de pel que arrodean o embigo e tamén me falabas de palabras como FALADURÍAS e ao mellor algún día podes ser feliz pero até entón TEREMOS carballos nas unllas das dedas e ti tamén me falabas de que ti eras unha CASCUDA e que tiñas SEIS patas e que por cada pata tiñas un CORAZÓN que latexaba e latexaba e mirabas dende o fondo do comedor do colexio cómo era que sentías que estabas viva ou que eras feliz e que pertencías a unha agramaticalidade tan caralluda como o sexo FEMININO e punta punta tacón...
4.
na literatura galega da primeira metade do XX non se fala case nada do salpicón de marisco
5.
Bonito 00:21
dime algo bonito atún
6.
Amor 00:12
se o amor ten bijote é unha foca
7.
Útero 00:36
non podía ter fillos e mercou un can meteuno no útero e finxiu un parto foi lamentable
8.
galiza hedonista galiza un debate de váter imos e debate temos cagamos na historia galiza peidonista cagamos por fóra e dicimos que foi o prestige galiza es mi váter galiza feijoísta galiza tes dous nomes e non te aturas a ti mesma galiza vives nunha resaca da que nunca houbo borracheira gallegos de mierda tratade ben os galegos gallegos de mierda decreto del gallego por el recto todo erecto decreto del castellano todo recto por el ano gallegos de mierda pórtico da gloria lago lagoniadelidiomanacional pórtico da gloria lago lagochás-y-me-cargo-el-dialecto pórtico da gloria lago lagorafobia de vernos falando ben alto gallegos de mierda y non haberá problemas luego para andar con estas cosas? y cuando vas por el mundo adelante? y a mí me gusta pero no lo uso que asusta gallegos de mierda gallegos la imposición imposición harmonicastellanizante imposición así no nos entra e así vos entre nas entrañas desa hespaña áceda e seca gallegos de mierda que falan de liberdade uns trinta anos tarde na vosa lingua váyanse al carajo gallegos de mierda que aquí aquí hai un pobo digno

about

Textos do libro de Samuel L. París "Inflamable" (Ed. Positivas, 2012).

pararaparis.wordpress.com

credits

released September 6, 2012

Samuel L. París: voz, baixo e percusións.
Mon Terbutalino: coros, guitarras, batería.

license

tags

about

Samuel L. París GA, Spain

Da Galician Poetra as Himself.

contact / help

Contact Samuel L. París

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this album or account

If you like Samuel L. París, you may also like: